Adrián Levices

Servizos de tradución

tradutor

Sobre min

Tradutor autónomo de inglés, francés e portugués especializado en textos audiovisuais, turísticos, mercadotecnia e enoloxía.

Levo traducido todo tipo de documentos para axencias de tradución e empresas especializadas nos seus respectivos sectores, dentro e fóra da Unión Europea.

Amais aválame a miña ampla formación, tanto en tradución coma nos temas de especialidade. A todo isto cómpre sumarlle a miña dedicación, bo trato e atención ao cliente.

 

CV

Licenciado en Tradución e Interpretación (francés e inglés) pola Universidade de Vigo.

Maestrado en Tradución Audiovisual (francés, inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD).

Maestrado en Tradución Especializada (inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD).

Experiencia

Dende 2011 traducín, revisei e corrixín centos de documentos para axencias de tradución e empresas líderes dos seguintes sectores:

Tradución audiovisual

Dobraxe e subtitulado.

Tradución xeral

CV, declaracións, cartas, correos electrónicos, textos históricos, biografías.

Tradución institucional e gubernamental

ONU, Unión Europea.

Tradución turística

Páxinas de hoteis, axencias de viaxes, gastronomía.

Tradución económica

Facturas, solicitudes, estudos de mercado.

Tradución comercial

Libros de marcas, vendas, moda, produtos dietéticos.

Tradución técnica

 Enoloxía, manuais, costura.

Tradución de textos de temática social

ONGs.

Tradución xurídica

Acordos fiduciarios, rexistros comerciais, partidas de nacemento, certificados fiscais, concesións inmobiliarias, títulos, contratos de obras, seguros.

Servizos

traducións xerais e especializadas

Inglés / francés / portugués > galego / castelán.

Traduccións xuradas

Inglés > galego.

Revisión e corrección

Castelán / galego.

Por que contratar profesionais?

Porque queremos que se nos entenda e as nosas mensaxes chegaren correctamente ao público albo. Porque a tranquilidade de que así sexa só cha ofrece un profesional realmente cualificado.

traducións

anos de experiencia

linguas

Orzamento

Calculamos de xeito individual o orzamento para cada proxecto, dependendo do tipo de texto, o formato do ficheiro de entrada e o formato do ficheiro de saída. Envíeme un correo electrónico a info@adrianlevices.com co documento que desexa traducir ou corrixir e poreime en contacto con vostede nun máximo de 24 horas.

Contacto