Adrián Levices

TRADUTOR

Tradutor autónomo de inglés, francés e portugués especializado en textos audiovisuais, turísticos, mercadotecnia e enoloxía.

 

Levo traducido todo tipo de documentos para axencias de tradución e empresas especializadas nos seus respectivos sectores, dentro e fóra da Unión Europea.

 

Amais aválame a miña ampla formación, tanto en tradución coma nos temas de especialidade. A todo isto cómpre sumarlle a miña dedicación, bo trato e atención ao cliente.

SOBRE MIN

Licenciado en Tradución e Interpretación (francés e inglés) pola Universidade de Vigo.

 

Mestrado en Tradución Audiovisual (francés, inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD)

 

Mestrado en Tradución Especializada (inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD).

EXPERIENCIA

Dende 2011 traducín, revisei e corrixín centos de documentos para axencias de tradución e empresas líderes dos seguintes sectores:

 

– Tradución audiovisual: dobraxe e subtitulado.
– Tradución institucional e gobernamental: ONU, Unión Europea
– Tradución económica: facturas, solicitudes, estudos de mercado.
– Tradución xeral: CV, declaracións, cartas, correos electrónicos, textos históricos, biografías.
– Tradución xurídica: acordos fiduciarios, rexistros comerciais, certificado de nacemento, certificados fiscais, concesións inmobiliarias, títulos, contratos de obras, seguros.
– Tradución comercial: libros de marcas, vendas, moda, produtos dietéticos.
– Tradución técnica: enoloxía, manuais, costura.
– Tradución turística: páxinas de hoteis, axencias de viaxes, gastronomía.
Tradución de textos de temática social: ONG.

 

Aquí podes consultar o meu curriculo completo.

 

linkedin

SERVIZOS

Traducións xerais e especializadas (inglés/francés/portugués > galego/castelán)

 

Traducións xuradas (inglés > galego)

 

Revisión e corrección (castelán/galego)

 

Por que contratar profesionais?

Porque cando nos doe a cabeza non imos ao veterinario nin chamamos a un fontaneiro para que nos faga a declaración da renda, cómpre contratar profesionais!

ORZAMENTO

Calculamos de xeito individual o orzamento para cada proxecto, dependendo do tipo de texto, o formato do ficheiro de entrada e o formato do ficheiro de saída. Envíeme un correo electrónico a info@adrianlevices.com co documento que desexa traducir ou corrixir e poreime en contacto con vostede nun máximo de 24 horas.

CONTACTO

Correo electrónico

info@adrianlevices.com

Teléfono (+34) 600 00 27 26

Horario de atención

De lunes a jueves: de 9:00 a 17:30

Viernes: de 9:00 a 15:00

(GMT +1) Ourense (España)

5 + 15 =