SERVIZOS DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR TURÍSTICO

Se aínda non coñeces a importancia da tradución no sector turístico…

Cóntoche algúns dos retos que encara e como abordalos.

Adaptación cultural

Adaptación cultural

Por exemplo, no ámbito da restauración, podes resolver moitos malentendidos e problemas comunicativos se traducires o menú da túa carta a varios idiomas (non só a inglés).

Ademais, é importante saber que as traducións non deben ser literais, mais todo o contrario, cómpre ter en conta as diferenzas culturais.

Porque traducir polvo á feira como octopus to the party non está ben e aposto que máis dunha persoa o ten visto nalgún menú ou no letreiro de entrada dalgún restaurante.

Terminología específica

Terminoloxía específica

A tradución turística débese adaptar a un vocabulario especializado, que inclúe nomes de lugares, eventos e servizos.

Existen matices fundamentais que poden perderse cando a tradución non é correcta.

Coherencia de marca

Coherencia de marca

Manter unha voz e estilo coherentes en todas as traducións é fundamental para a imaxe de marca.

A tradución turística tamén deben expresar os valores da marca e reflectir a súa autoridade

Formatos diversos

Formatos diversos

O contido turístico é presentado en múltiples formatos: folletos, sitios web, aplicacións móbiles, catálogos, etc. e cada un deles presenta os seus propios desafíos de tradución.

herramientas de traducción

Integración de tecnoloxías e ferramentas de tradución

O uso de tecnoloxías, como a tradución automática, debe ser equilibrado coa intervención humana para garantir a calidade, xa que este tipo de ferramentas non sempre capta os matices culturais ou estilísticos.

Que implican os erros de tradución no sector turístico?

  • A tradución literal sen adaptación cultural pode provocar unha desconexión no público destinatario e, o que debería ser unha experiencia gozosa, devén mediocridade na maioría dos casos.

Por exemplo, que unha persoa non sexa quen de comprender un menú implica dificultades para saber o que pode comer, co conseguinte empeoramento da experiencia gastronómica.

  • A incorrecta tradución da terminoloxía específica pode levar a confusión e desinformación.

Imaxina que unha persoa non comprende correctamente o significado de “todo incluído”; isto desemboca en expectativas erradas ou a que esa persoa se sinta enganada, o que podería ter un resultado negativo sobre a reputación do teu negocio.

  • Unha comunicación que non poña en valor o uso da nosa lingua pode ser percibida peor entre as persoas locais e foráneas interesadas na nosa cultura.

  • A inconsistencia no ton e estilo das traducións pode minar a confianza e a lealdade coa empresa.

Un sitio web en diferentes idiomas que varían drasticamente en estilo e formalidade pode diminuír a credibilidade da empresa.

  • Non adaptar correctamente as traducións a diferentes formatos pode provocar unha mala experiencia de usuario e influír negativamente na satisfacción do cliente.

  • Depender de máis da tradución automática sen revisión humana pode levar a erros na calidade e precisión do contido, danando dese xeito a imaxe profesional da empresa.

Tradución de sitios web de turismo

Hoxe en día, ter un sitio web multilingüe é fundamental para atraer visitantes internacionais.

Por iso ofrezo os meus servizos de tradución profesional para este tipo de webs, co obxectivo de precisar toda a información relacionada con destinos, reserva de aloxamentos, etc.

Tradución de contido para blogs de viaxes

Trátase doutra ferramenta poderosa para inspirar e atraer visitantes.

O teu blog de viaxes pode chegar a unha audiencia moito maior, conectando por medio do ton e da emoción para os lectores verse a si mesmos xa neses lugares soñados.

Tradutor de publicidade para destinos turísticos

Impactar na atención da persoa é fundamental para axudala a tomar unha decisión relevante, para ela e para nós.

Por iso traduzo materiais publicitarios, desde anuncios en redes sociais até folletos, asegurando unha mensaxe atractiva e convincente en cada idioma.

Comprendo as sutilezas culturais e lingüísticas necesarias para crear campañas que cheguen a diferentes audiencias, axudando a aumentar a atracción e o interese por un destino particular.

Tradución turística no sector da restauración

A gastronomía é unha parte fundamental da experiencia turística.

Ofrezo servizos de tradución para menús e cartas de restaurantes, de maneira que cada comida soe tan deliciosa en inglés, como en galego, castelán, francés ou portugués.

Unha tradución precisa e evocativa pode facer que as persoas se sintan máis inclinadas e cómodas á hora de probar a gastronomía local, mellora a súa experiencia culinaria e a satisfacción do cliente.

traductor profesional

Son Adrián Levices, profesional da tradución

A tradución turística é un ámbito da tradución que me gusta, porque incorpora matices e xogos de palabras que requiren dun amplo coñecemento lexical e lingüístico.

Galicia é unha terra que recibe moitos visitantes, xa que por aquí pasa e remata o famoso Camiño de Santiago.

Aquí o turismo adopta matices distintos:

 Por un lado están os visitantes que veñen a coñecer as nosas paisaxes, cultura e a nosa gastronomía.

  • E por outro lado están os peregrinos que veñen a completar o Camiño.

Non podo negar a influencia que todos estes factores exercen en min e no meu traballo.

Siempre encuentra las palabras justas y entiende perfectamente el contexto. Muy satisfecho con su trabajo. ¡Totalmente recomendable!

A CURISCADA. CASA RURAL

Comezamos agora coa tradución turística?

Se queres contratar os meus servizos de tradutor ou solicitar unha cotización de tradución personalizada, ponte en contacto comigo.