Adrián Levices
Grazas por visitares a miña páxina web. Precisas axuda cunha
tradución?
tradutor
Sobre min
Tradutor autónomo de inglés, francés e portugués especializado en textos audiovisuais, turísticos, mercadotecnia e enoloxía.
Levo traducido todo tipo de documentos para axencias de tradución e empresas especializadas nos seus respectivos sectores, dentro e fóra da Unión Europea.
Amais aválame a miña ampla formación, tanto en tradución coma nos temas de especialidade. A todo isto cómpre sumarlle a miña dedicación, bo trato e atención ao cliente.
CV
Licenciado en Tradución e Interpretación (francés e inglés) pola Universidade de Vigo.
Maestrado en Tradución Audiovisual (francés, inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD).
Maestrado en Tradución Especializada (inglés > castelán) polo Instituto Superior de Estudios Lingüísticos y Traducción (ISTRAD).
Experiencia
Dende 2011 traducín, revisei e corrixín centos de documentos para axencias de tradución e empresas líderes dos seguintes sectores:
Tradución audiovisual
Dobraxe e subtitulado.
Tradución xeral
CV, declaracións, cartas, correos electrónicos, textos históricos, biografías.
Tradución institucional e gubernamental
ONU, Unión Europea.
Tradución turística
Páxinas de hoteis, axencias de viaxes, gastronomía.
Tradución económica
Facturas, solicitudes, estudos de mercado.
Tradución comercial
Libros de marcas, vendas, moda, produtos dietéticos.
Tradución técnica
Enoloxía, manuais, costura.
Tradución de textos de temática social
ONG.
Tradución xurídica
Acordos fiduciarios, rexistros comerciais, partidas de nacemento, certificados fiscais, concesións inmobiliarias, títulos, contratos de obras, seguros.
Servizos
traducións xerais e especializadas
Inglés / francés / portugués > galego / castelán.
Traduccións xuradas
Inglés > galego.
Revisión e corrección
Castelán / galego.
Por que contratar profesionais?
Porque queremos que se nos entenda e as nosas mensaxes chegaren correctamente ao público albo. Porque a tranquilidade de que así sexa só cha ofrece un profesional realmente cualificado.
traducións
anos de experiencia
linguas
Orzamento
Calculamos de xeito individual o orzamento para cada proxecto, dependendo do tipo de texto, o formato do ficheiro de entrada e o formato do ficheiro de saída. Envíeme un correo electrónico a info@adrianlevices.com co documento que desexa traducir ou corrixir e poreime en contacto con vostede nun máximo de 24 horas.
Contacto
Aviso legal
Os datos proporcionados por medio deste formulario serán tratados por www.adrianlevices.com como responsables desta web.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que solicitamos é xestionar a consulta realizada neste formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Como usuario e interesado, informamos que os datos facilitados estarán localizados nos servidores de Strato (provedor de hosting desta web) dentro da U.E. Ver Política de privacidade de Strato.
O feito de non introducir os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios poderá ter como consecuencia que non poidamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, limitación e suprimir os datos escribíndonos a info@adrianlevices.com, así como o dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control.
Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.
Correo electrónico
Contacto