Política de Privacidade

Adrián Levices Tradutor informa sobre a súa política de privacidade con respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios que poidan ser recollidos durante a navegación no sitio web
https://www.adrianlevices.com.

Neste aspecto, Adrián Levices Tradutor garante o cumprimento da normativa vixente no tocante á protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro sobre a Protección de Datos Persoais e de Garantía de Dereitos Dixitais (LOPD GDD). Cumpre tamén co Regulamento (UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 sobre a protección das persoas físicas (RGPD).

O uso do sitio web implica a aceptación desta política de privacidade, tanto como as condicións incluídas no Aviso Legal.

Identidade do responsábel

  • Titular: Adrián Levices Traductor.
  • NIF: 34270182K
  • Domicilio: Camiño de Montepando, 00. As Areas, Monforte de Lemos, 27400, Lugo – España.
  • Correo electrónico: info@adrianlevices.com
  • Sitio Web: https://www.adrianlevices.com

Principios aplicados no tratamento de datos

No tratamento dos seus datos persoais, o Titular aplicará os seguintes principios conformes coas esixencias do novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (RGPD):

  • Principio de licitude, lealdade e transparencia: O Titular sempre requirirá o consentimento para tratar os datos persoais, que pode ser para un ou varios fins específicos sobre os que o Titular informará ao Usuario previamente coa maior transparencia.
  • Principio de minimización de datos: O Titular só solicitará os datos estritamente necesarios para o fin ou fins que os solicita.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: O Titular manterá os datos persoais recollidos durante o tempo estritamente necesario para a finalidade do tratamento. O Titular informará o Usuario do prazo de conservación correspondente segundo a finalidade.
    No caso de subscricións, o Titular revisará regularmente as listaxes e eliminará os rexistros que ficasen inactivos durante un tempo considerábel.
  • Principio de integridade e confidencialidade: Os datos persoais recollidos serán tratados de forma a garantir a súa seguridade, confidencialidade e integridade.
    O Titular toma as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou uso indebido dos datos dos seus usuarios por parte de terceiros.

Obtención de datos persoais

Para navegar por https://www.adrianlevices.com non cómpre fornecer ningún dato persoal.

Estes son os casos nos que si proporciona os seus datos persoais:
Ao contactar por medio dos formularios de contacto ou ao enviar un correo electrónico.

Dereitos

O Titular informa de que, no tocante aos seus datos persoais, vostede ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos datos gardados.
  • Solicitar unha rectificación ou a cancelación.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Oporse ao tratamento.

Non pode exercer o dereito á portabilidade dos datos.

O exercicio destes dereitos é persoal e, xa que logo, debe ser exercido directamente polo interesado, solicitándollo directamente ao Titular, o que significa que calquera cliente, subscritor ou colaborador que proporcionase os seus datos en calquera momento, poderá contactar con Adrián Levices Tradutor e pedir información sobre os datos gardados, como os obtivo, solicitar a rectificación destes, oporse ao seu tratamento, limitar a utilización que faga deles ou solicitar a cancelación deses datos nos ficheiros do Titular.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, vostede deberá enviar un correo electrónico a info@adrianlevices.com xuntamente cunha proba válida por lei, tal como unha fotocopia do D.N.I. ou equivalente.

Ten dereito a unha protección xudicial efectiva e a presentar unha reclamación perante a autoridade de control, neste caso a Axencia Española de Protección de Datos, se vostede considera que o tratamento dos datos persoais que lle atinxen infrinxe o Regulamento.

Finalidade do tratamento dos datos persoais

Cando vostede se conecta ao sitio web para enviar un correo ao Titular, ou se subscribe ao seu boletín, está a facilitar información de carácter persoal da que é responsábel Adrián Levices Tradutor. Esta información pode incluír datos de carácter persoal, como poden ser o seu enderezo IP, nome e apelidos, enderezo físico, enderezo de correo electrónico, número de teléfono e outra información. Ao fornecer esta información, vostede dá o seu consentimento para que a súa información sexa recollida, utilizada, xestionada e almacenada por — Strato — só como se describe no aviso legal e na presente política de privacidade.

Os datos persoais e a finalidade do tratamento por parte do Titular é diferente segundo o sistema de captura de información:

  • Formularios de contacto: O Titular solicita datos persoais entre os que poden estar: nome e apelidos, enderezo de correo electrónico, número de teléfono e enderezo do sitio web coa finalidade de responder as consultas dos Usuarios.
    Por exemplo, Adrián Levices Tradutor utiliza estes datos para responder as mensaxes, dúbidas, queixas, comentarios ou inquedanzas que poidan ter os Usuarios con respecto á información incluída no sitio web, o tratamento dos datos persoais, cuestións referentes aos textos legais incluídos no sitio web, así como calquera outra consulta que o Usuario poida ter e que non estea suxeita ás condicións do sitio web.

Existen outras finalidades polas que o Titular trata os datos persoais:

  • Para garantir o cumprimento das condicións recollidas no Aviso Legal e na lei aplicábel. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axuden a este sitio web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiar e mellorar os servizos que ofrece este sitio web.
  • Para analizar a navegación dos usuarios. O Titular recolle outros datos non identificativos que se obteñen polo uso de cookies que se descargan no ordenador do Usuario cando navega polo sitio Web, cuxas características e finalidade están detalladas na política de cookies .
  • Para xestionar as redes sociais. Adrián Levices Tradutor está presente nas redes sociais. Se vostede segue o Titular nas redes sociais, o tratamento dos datos persoais regularase segundo este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptou previamente.
    Pode consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestas ligazóns:

    O Titular tratará os seus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presencia na rede social, informalo das súas actividades, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

    En ningún caso o Titular empregará os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade individualmente.

Seguridade dos datos persoais

Para protexer os teus datos persoais, o Titular toma as precaucións razoábeis e segue as mellores prácticas da industria para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución.

O sitio web está aloxado en Strato. A seguridade dos datos está garantida, xa que se toman todas as medidas de seguridade necesarias para iso. Pode consultar a súa política de privacidade para obter máis información.

Adrián Levices Tradutor informa o Usuario de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, agás que esta cesión dos datos estiver amparada nunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo envolva a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só se realizará a cesión de datos ao terceiro cando Adrián Levices Tradutor teña o consentimento expreso do Usuario.

Porén, nalgúns casos pódense realizar colaboracións con outros profesionais. Neses casos, requirirase o consentimento do Usuario, informando sobre a identidade do colaborador e a finalidade da colaboración. Sempre se realizará seguindo os máis rigorosos estándares de seguridade.

Contido doutros sitio web

As páxinas deste sitio Web poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente igual que na web de orixe.

Estes sitios web poden recoller datos sobre vostede, utilizar cookies, incrustar un código de seguimento adicional de terceiros, e supervisar a interacción que vostede faga por medio deste código.

Política de cookies

Para este sitio web funcionar correctamente cómpre utilizar cookies, que é unha información que se almacena no seu navegador web.

Na páxina política de cookies podes consultar toda a información respecto á política recollida, a finalidade e o tratamento das cookies.

Lexitimación para o tratamento de datos

A base legal para o tratamento dos teus datos é o consentimento.

Para contactar co Titular, subscribirse a un boletín ou realizar comentarios neste sitio web vostede ten que aceptar esta política de privacidade.

Categorías de datos persoais

As categorías de datos persoais que trata o Titular son:

  • Datos identificativos.
  • Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.

Conservación de datos persoais

Os datos persoais fornecidos ao Titular conservaranse ata solicitar a súa supresión.

Destinatarios de datos persoais

  • Google Analytics é un servizo de analítica web fornecido por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”).
    Google Analytics emprega “cookies”, que son arquivos de texto localizados no seu ordenador, para axudar o Titular a analizar o uso que fan os Usuarios do sitio web. A información xerada pola cookie respecto do uso do sitio web (incluído o enderezo IP) será transmitida directamente e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos.
    Máis información en : https://analytics.google.com

Na páxina de Política de privacidade de Google explícase como Google xestiona a privacidade no tocante ao uso das cookies e outra información.

Tamén pode ver unha listaxe dos tipos de cookies que utiliza Google e os seus colaboradores, así como toda a información sobre o uso que fan das cookies publicitarias.

Navegación web

Ao navegar por https://www.adrianlevices.com pódense recoller datos non identificativos, que poden incluír: o enderezo IP, xeolocalización, un rexistro de como se utilizan os servizos e sitios, hábitos de navegación e outros datos que non se poden utilizar para identificalo.

O sitio web utiliza os seguintes servizos de análise de terceiros:

  • Google Analytics.

O Titular utiliza a información recollida para obter datos estatísticos, analizar tendencias, administrar o sitio, estudar padróns de navegación e para recoller información demográfica.

O Titular non sei fai responsábel do tratamento dos datos persoais que realicen as páxinas web ás que vostede poida acceder por medio das distintas ligazóns que contén o sitio web.

Exactitude e veracidade dos datos persoais

Comprométese a que os datos fornecidos ao Titular sexan correctos, completos, exactos e vixentes, así como a mantelos debidamente actualizados.

Como Usuario do sitio web, vostede é o único responsábel da veracidade e corrección dos datos fornecidos ao sitio Web, exonerando a Adrián Levices Tradutor de calquera responsabilidade ao respecto.

Aceptación e consentimento

Como Usuario do sitio web, declara que foi informado das condicións sobre protección de datos de carácter persoal, acepta e consinte o tratamento destes por parte de Adrián Levices Tradutor, na forma e para as finalidades indicadas nesta política de privacidade.

Revogabilidade

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, vostede deberá enviar un correo electrónico a info@adrianlevices.com xuntamente cunha proba válida por lei, tal como unha fotocopia do D.N.I. ou equivalente.

O exercicio destes dereitos non inclúe ningún dato que Adrián Levices Tradutor estea obrigado a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Cambios na política de privacidade

O Titular resérvase o dereito a modificar a presente política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas da industria.

Estas políticas estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.