Aviso Legal

Identificación e titularidade

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Titular expón os seus datos identificativos.

  • Titular: Adrián Levices Traductor.
  • NIF: 34270182K
  • Domicilio: Camiño de Montepando, 00. As Areas, Monforte de Lemos, 27400, Lugo – España.
  • Correo electrónico: info@adrianlevices.com
  • Sitio Web: https://www.adrianlevices.com

Finalidade

A finalidade do sitio web https://www.adrianlevices.com é servizos de tradución profesional.

Condicións de uso

A utilización do sitio web outórgalle a condición de Usuario, e comporta a aceptación completa de todas as cláusulas e condicións de uso incluídas nas páxinas:

Non utilice este sitio web se non concorda con todas e cada unha destas cláusulas e condicións.

O acceso a este sitio web non comporta, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial con Adrián Levices Tradutor.

Por medio deste sitio web, o Titular facilítalle o acceso e a utilización de diversos contidos que o Titular ou os seus colaboradores publicaron por medio de Internet.

Daquela, obrígase e comprométese a NON utilizar os contidos do sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste aviso legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma puideren danar, inutilizar, sobrecargas, deteriorar ou impedir a normal utilización dos contidos, os equipos informáticos ou os documentos, ficheiros e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propio ou contratado por Adrián Levices Tradutor, doutros usuarios ou de calquera usuario de Internet.

Medidas de seguridade

Os datos persoais que facilite ao Titular poden ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a Adrián Levices Tradutor, quen asume todas as medidas de natureza técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nestas, conforme o establecido na normativa vixente en protección de datos.

Porén, debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son completamente fiábeis e que, xa que logo, o Titular non pode garantir a inexistencia de virus ou outros elementos que puideren producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do Usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros, aínda que o Titular pon todos os medios necesarios e toma as medidas de seguridade oportunas para evitar a presencia destes elementos daniños.

Datos persoais

Podes consultar toda a información relativa ao tratamento de datos persoais que recolle o Titular na páxina de política de privacidade.

Contidos

O Titular recolleu a información, o contido multimedia e os materiais incluídos no sitio web de fontes que considera fiábeis, mais, a pesar de que tomou todas as medidas razoábeis para garantir que a información contida é correcta, o Titular non garante que sexa exacta, completa ou estea actualizada. Adrián Levices Tradutor declina expresamente calquera responsabilidade por erro ou omisión na información contida nas páxinas deste sitio web.

Queda prohibido transmitir ou enviar por medio do sitio web calquera contido ilegal ou ilícito, virus informáticos, ou mensaxes que, en xeral, afecten ou violen dereitos do Titular ou de terceiros.

Os contidos de https://www.adrianlevices.com só teñen unha finalidade informativa e baixo ningunha circunstancia deben usarse nin considerarse como oferta de venda, solicitude dunha oferta de compra nin recomendación para realizar calquera outra operación, agás que así se indique expresamente.

Adrián Levices Tradutor resérvase o dereito a modificar, suspender, cancelar o restrinxir o contido de https://www.adrianlevices.com, as ligazóns ou a información obtida por medio do sitio web, sen necesidade de previo aviso.

Adrián Levices Tradutor non é responsábel dos danos nin prexuízos derivados da utilización da información do sitio web ou da contida nas redes sociais do Titular.

Política de cookies

Na páxina Política de cookies pode consultar toda a información respecto á política recollida e tratamento das cookies.

Ligazóns a outros sitios web

O Titular pode proporcionarlle acceso a sitios web de terceiros por medio de ligazóns, coa finalidade exclusiva de informalo sobre a existencia doutras fontes de información en Internet nas que poderá ampliar os datos fornecidos no sitio web.

Estas ligazóns a outros sitios web non supoñen en ningún caso un consello ou recomendación para visitar as páxinas web de destino, que están fóra do control do Titular, polo que Adrián Levices Tradutor non é responsábel do contido dos sitios web ligados nin do resultado que obteña ao seguir as ligazóns.

Do mesmo modo, Adrián Levices Tradutor non responde das ligazóns localizadas nos sitios web ligados.

Establecer unha ligazón non comporta en ningún caso a existencia de relacións entre Adrián Levices Tradutor e o propietario do sitio destinatario, nin a aceptación ou aprobación por parte do Titular dos seus contidos ou servizos.

Se accede a un sitio web externo desde unha ligazón localizada en https://www.adrianlevices.com deberá ler a propia política de privacidade do outro sitio web, que podería ser diferente á deste sitio web.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os dereitos están reservados.

Todo acceso a este sitio web está suxeito ás seguintes condicións: a reprodución, almacenaxe permanente e a difusión dos contidos ou calquera outro uso con finalidade pública ou comercial está expresamente prohibida sen o consentimento previo expreso e por escrito de Adrián Levices Tradutor.

Limitación de responsabilidade

Adrián Levices Tradutor declina calquera responsabilidade en caso de existiren interrupcións ou un mal funcionamento dos Servizos ou contidos ofrecidos en Internet, sexa cal for a súa causa. Do mesmo modo, o Titular non se fai responsábel por caídas da rede, perdas de negocio a consecuencia destas caídas, suspensións temporais do fluído eléctrico ou calquera outro tipo de dano indirecto por causas alleas ao Titular.

Antes de tomar decisión e/ou accións con base á información incluída no sitio web, o Titular recoméndalle comprobar e contrastar a información recibida con outras fontes.

Xurisdición

Este aviso legal réxese integramente pola lexislación española.

Contacto

En caso de dúbida sobre estas condicións legais ou se quere realizar calquera comentario sobre este sitio web, pode enviar unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo info@adrianlevices.com.